Vulnerabilidade dos procesos electorais ante o mal uso da intelixencia artificial

Irene González Martínez
Resumo

Os procesos electorais democráticos susténtanse na libre formación da opinión pública, baseada en información veraz, plural e contrastada, e expresada libremente mediante o voto. Porén, nun entorno onde resulta cada vez máis difícil discernir entre información veraz e desinformación, e onde as redes sociais están a substituír os medios de comunicación tradicionais como fontes informativas, xorde a pregunta de se a formación da opinión pública continúa a ser verdadeiramente libre. Esta preocupación intensifícase co avance da intelixencia artificial, que permite difuminar a verdade e condicionar a liberdade de elección mediante deepfakes, propaganda computacional e segmentación algorítmica, plantexando un novo desafío para o cal o noso sistema electoral podería non estar adecuadamente preparado.

Detalles do artigo

Palabras chave:
liberdade de expresión, liberdade de información, opinión pública, eleccións, intelixencia artificial, desinformación, deepfake, Cambridge Analytica