Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Com

Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común1 2

O 14 de abril de 1999 entrou en vigor a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta lei dictouse en virtude das competencias que lle atribúe ó Estado o artigo 149.1.18 da Constitución española para regula-las bases do réxime xurídico das administracións públicas por unha banda e, directamente, por outra, o procedemento administrativo común.

As modificacións máis salientables da lei refírense á obriga de resolver, regulada no artigo 42; ó silencio administrativo, regulado no artigo 43; e á revisión dos actos en vía administrativa, regulada no título VII. Estas novidades fan precisa unha intervención lexislativa da Comunidade Autónoma no exercicio das competencias que lle recoñecen o artigo 27.1 do Estatuto de autonomía para Galicia respecto da organización das súas institucións de autogoberno e o artigo 27.5 respecto dos procedementos administrativos que deriven do específico dereito galego e da organización propia dos poderes públicos galegos, ademais dos títulos competenciais referidos ás materias substantivas afectadas polos respectivos procedementos.

O contido desta lei céntrase nos aspectos citados, sen prexuízo da nece/sidade de adoptar outras iniciativas normativas, que non requiran norma con rango de lei, para adecuar outros aspectos da lei a esta Comunidade Autónoma. En canto ó prazo máximo no que debe notificarse resolución expresa, o artigo 42 sofre unha profunda modificación, establecendo, na falta de norma reguladora específica, un prazo xeral supletorio de duración dos procedementos administrativos de tres meses, sen que en ningún caso poida supera-lo de seis meses, agás que unha norma con rango de lei estableza o contrario ou así se prevexa na normativa comunitaria europea.

A necesidade dun procedemento áxil e breve debe compatibilizarse coa existencia de procedementos especialmente complexos, nos que, como excepción, o prazo máximo con carácter xeral pode considerarse insuficiente para dictar unha resolución axustada a dereito e coas debidas garantías. Isto implica a necesidade de fixar un prazo superior, o que necesariamente debe efectuarse por unha norma de rango legal.

No caso das subvencións e axudas públicas, a necesidade de amplia-lo prazo máximo de duración do procedemento vén determinada polo feito de que, computándose o prazo desde a data do acordo de iniciación, tal como se establece no artigo 42.3.a) da Lei 30/1992, que neste caso será a correspondente convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes estará comprendido dentro do prazo de duración do procedemento. Así as cousas, o mantemento dos prazos xerais implicaría en moitos casos a necesidade de reducir estes prazos de solicitude, o que resultaría contrario ós intereses dos cidadáns.

En canto ó silencio administrativo, o artigo 43 prevé con carácter xeral o silencio positivo, exceptuándose só cando unha norma con rango de lei ou norma comunitaria europea estableza o contrario. Unha regulación equilibrada e razoable desta institución leva a excluír da norma xeral aqueles procedementos nos que a importancia dos intereses xerais en xogo, ou a existencia de intereses particulares contrapostos, impiden que a inactividade da administración poida conducir á conculcación deste interese xeral ou de intereses particulares igualmente merecentes de protección, o que tamén fai necesaria a fixación en norma de rango legal destes supostos excepcionais. Ademais disto, inclúense determinados procedementos nos que o silencio ten efectos desestimatorios en aplicación da propia Lei 30/1992, ben por seren iniciados de oficio ou ben por se incluíren nas excepcións que ela establece, considerándose conveniente a súa inclusión por razóns sistemáticas e, en definitiva, de seguridade xurídica.

Tamén recolle a lei a determinación dos órganos competentes para a revisión de actos en vía administrativa de xeito semellante ó efectuado noutras administracións públicas, se ben adaptándoo ás propias necesidades organizativas da Comunidade Autónoma.

O artigo 4 indica as resolucións que poñen fin á vía administrativa, adaptando á organización da Comunidade Autónoma as previsións dos parágrafos c) e d) do artigo 109 da Lei 30/1992.

De xeito semellante, os artigos 5 e 6 adaptan a organización desta Comunidade Autónoma ó establecido na Lei 30/1992 respecto dos órganos competentes para resolve-las reclamacións en materia de responsabilidade patrimonial da administración e reclamacións previas á vía xudicial civil.

A disposición adicional primeira especifica qué debe entenderse por rexistro do órgano competente para tramitar un procedemento, co fin de facilitarlles ós interesados o cómputo dos prazos máximos nos que debe notificarse resolución expresa.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 1. Prazo máximo de duración dos procedementos.

1. O prazo máximo no que debe notificarse a resolución expresa nos procedementos administrativos que se indican no anexo desta lei será o establecido para cada un deles no anexo citado.

2. O prazo máximo de duración dos procedementos de concesión de subvencións ou calquera outra axuda pública será o establecido na correspondente convocatoria ou na normativa reguladora, sen que en ningún caso poida exceder de nove meses, agás o disposto na normativa comunitaria europea. Este prazo computarase desde a data da convocatoria ou desde a solicitude do interesado cando o procedemento sexa iniciado por este e se indique así na convocatoria ou na normativa reguladora.

Artigo 2. Silencio administrativo.

Sen prexuízo da obriga da administración de dictar resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo nos procedementos nos que así se establece no anexo desta lei se ó vencemento do prazo máximo establecido en cada caso non se notificou resolución expresa.

Nos procedementos de concesión de subvencións ou de calquera outra axuda pública que se inicien por solicitude do interesado, esta entenderase desestimada por silencio administrativo se ó vencemento do prazo establecido en cada caso non se dictou resolución expresa.

Artigo 3. Competencia para a revisión de actos administrativos.

1. Serán competentes para resolve-los procedementos de revisión de oficio dos actos administrativos nulos, declara-la lesividade dos anulables e revoga-los de gravame ou desfavorables:

a) O Consello da Xunta respecto dos seus propios actos ou dos actos das súas comisións delegadas.

b) Os conselleiros respecto dos seus propios actos e dos dictados por órganos deles dependentes, así como dos actos dos órganos superiores de goberno dos organismos autónomos e entes de dereito público que teñan adscritos, agás que na respectiva lei de creación se dispoña outra cousa.

c) Os órganos superiores de goberno dos organismos autónomos e entes de dereito público respecto dos actos dictados por órganos deles dependentes.

2. A rectificación de erros materiais, de feito ou aritméticos corresponderalle ó propio órgano administrativo que dictou o acto.

3. Será competente para resolve-lo recurso extraordinario de revisión o propio órgano administrativo que dictou o acto obxecto do recurso.

Artigo 4. Fin da vía administrativa.

Poñen fin á vía administrativa, salvo que por lei especial se estableza o contrario, as resolucións dos órganos seguintes:

a) As do Consello da Xunta, as do seu presidente e as das súas comisións delegadas.

b) As dos conselleiros.

c) As dos secretarios xerais e directores xerais en materia de persoal.

d) As dos órganos superiores de goberno de organismos autónomos e dos entes públicos cando exercitan competencias administrativas.

e) As das demais autoridades cando así o estableza unha disposición legal ou regulamentaria.

Artigo 5. Responsabilidade patrimonial.

Será competente para resolvelos procedementos de responsabilidade patrimonial o conselleiro respectivo, agás que unha lei especial lle atribúa a competencia ó Consello da Xunta.

No caso dos organismos autónomos ou entes de dereito público, será competente o titular da consellería á que estean adscritos, agás que a súa lei de creación dispoña outra cousa.

Artigo 6. Reclamación previa á vía xudicial civil.

A reclamación presentarase perante o conselleiro competente por razón da materia obxecto da reclamación.

Disposicións adicionais

Primeira.- Determinación do rexistro do órgano competente para a tramitación de solicitudes.

1. No ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos do artigo 42.3.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, enténdese por rexistro do órgano competente para a tramitación dunha solicitude calquera dos rexistros da consellería competente para inicia-la súa tramitación.

2. Para estes efectos, o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia será considerado como rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública e das secretarías xerais dependentes do presidente da Xunta de Galicia.

3. Para os mesmos efectos, para o caso de organismos autónomos e entes de dereito público, enténdese por rexistro do órgano competente para a tramitación dunha solicitude calquera dos rexistros do órgano ou ente competente para inicia-la súa tramitación.

Segunda.- Normativa aplicable para os procedementos administrativos carentes de regulación específica.

Administrativos que carecen de regulación específica en normas autonómicas, será aplicable o que as leis estatais dispoñan respecto do seu prazo máximo de duración e do sentido, estimatorio ou desestimatorio, que se lle atribúa á falta de resolución expresa no prazo sinalado.

Disposicións derradeiras

Primeira.- Desenvolvemento normativo da lei.

A Xunta de Galicia dictará as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta lei.

Segunda.- Entrada en vigor da lei.

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2001

Manuel Fraga Iribarne
Presidente

Anexo I

Relación de procedementos de duración superior a 6 meses

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Tipo de procedemento: Proceso selectivo de persoal funcionario ou de persoal laboral.

Prazo de duración: 9 meses.

Normativa reguladora: Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

— Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Economía e Facenda

Tipo de procedemento: Cesión gratuíta de bens inmobles.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

— Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Tipo de procedemento: Deslindamento de bens do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

— Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Tipo de procedemento: Concesión do premio previsto en relación coa sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma.

Prazo de duración: 18 meses.

Normativa reguladora: Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Tipo de procedemento: Adxudicación de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Decreto 98/1992, do 26 de marzo, polo que se regula o financiamento e a adxudicación de vivendas de promoción pública.

Tipo de procedemento: Procedemento sancionador en materia de vivenda.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Lei de Galicia 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións e sancións en materia de vivenda.

— Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial, texto refundido aprobado polos decretos 2131/1963, do 24 de xullo, e 3964/1964, do 3 de decembro.

Tipo de procedemento: Desafiuzamentos administrativos en materia de vivenda.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial, texto refundido aprobado polos decretos 2131/1963, do 24 de xullo, e 3964/1964, do 3 de decembro.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Consellería de Industria e Comercio

Tipo de procedemento: Outorgamento de permisos de investigación das seccións C e D.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

— Regulamento xeral para o réxime da minería, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto.

Tipo de procedemento: Autorización/ concesión de aproveitamento de recursos mineiros da sección B (estructuras subterráneas).

Prazo de duración: 36 meses.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

— Regulamento xeral para o réxime da minería, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto.

Tipo de procedemento: expediente sancionador ou de caducidade en materia de minas3.

Prazo de duración: doce meses.

Normativa reguladora: Lei de ordenación da minaría de Galicia.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Tipo de procedemento: Concesión de emisoras municipais e comerciais de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Prazo de duración: 3 anos.

Normativa reguladora: Lei estatal 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións.

— Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se establece o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro.

Tipo de procedemento: Concesión de servicios de radiodifusión sonora e televisión dixital terreal.

Prazo de duración: 3 anos.

Normativa reguladora: Lei estatal 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (disposición adicional 44.ª).

Tipo de procedemento: Procedemento de delimitación do Camiño de Santiago.

Prazo de duración: 5 anos.

Normativa reguladora: Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Tipo de procedemento: Autorización de alteración do termo municipal.

Prazo de duración: 2 anos.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: Resolucións das cuestións de deslindamentos de termos municipais que se susciten entre municipios.

Prazo de duración: 12 meses.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Consellería de Medio Ambiente

Tipo de procedemento: Deslindamento de montes.

Prazo de duración: 2 anos.

Normativa reguladora: Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

— Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

— Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Tipo de procedemento: Inclusión no rexistro de espacios naturais de Galicia.

Prazo de duración: 1 ano.

Normativa reguladora: Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral.

Anexo II

Relación de procedementos nos que o silencio administrativo produce efectos desestimatorios

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Tipo de procedemento: proceso selectivo de persoal funcionario ou de persoal laboral.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

-Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tipo de procedemento: procedementos de concursos de traslados de persoal funcionario ou persoal laboral.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

-Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

-Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tipos de procedementos: procedemento de inscrición como parella de feito no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia4.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora:

– Disposición adicional terceira da Lei 6/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

– Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Tipos de procedementos: solicitudes ou reclamacións en materia de xestión de persoal do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia cuxa realización implique efectos económicos actuais ou poida producilos en calquera outro momento5.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora:

– Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro.

– Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

– Real decreto 1033/2007, do 20 de xullo, polo que se determinan os postos tipo das unidades que integran as oficinas xudiciais e outros servizos non xurisdicionais e as súas correspondentes valoracións, para efectos do complemento xeral do posto dos funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.

– Orde PRE/1417/2003, do 3 de xuño, pola que se regulan as retribucións complementarias por servizos de garda do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

– Orde do 2 de decembro de 2009 pola que se aproba un programa de actuación para fomentar a produtividade do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

– Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

– Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se establece o procedemento de selección e nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa.

– Orde do 19 de xaneiro de 2010 pola que se determina o complemento autonómico transitorio do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

– Orde do 19 de xaneiro de 2010 pola que se establece o complemento específico do persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

– Resolución do 7 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

– Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Consellería de Economía e Facenda.

Tipo de procedemento: autorización ás corporacións locais de Galicia das operacións de crédito nos supostos do artigo 54 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, de facendas locais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 39/1998, do 28 de decembro, de facendas locais.

Tipo de procedemento: cesión gratuíta de bens inmobles.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Tipo de procedemento: deslindamento de bens do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Tipo de procedemento: recuperación da posesión dos bens da Comunidade Autónoma.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Tipo de procedemento: concesión do premio previsto en relación coa sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización para exerce-la actividade das corredorías de seguros con domicilio e ámbito de operacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 9/1992, do 30 de abril, de mediación en seguros privados.

-(Normativa autonómica en fase de tramitación).

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Tipo de procedemento: autorización de verteduras ó mar.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Tipo de procedemento: outorgamento de concesións de utilización do dominio público portuario.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante.

-Lei estatal 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Tipo de procedemento: autorización autonómica previa á licencia municipal para construccións e instalacións en solo rústico.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

-Resolución da COTOP do 14 de maio de 1991 mediante a que se publican as Normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Tipo de procedemento: autorización de edificacións en núcleos rurais preexistentes de concellos sen planeamento urbanístico.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: resolución da COTOP do 14 de maio de 1991 mediante a que se publican as Normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Tipo de procedemento: autorización para a utilización ou a execución de calquera tipo de obras ou instalacións na zona de servidume das estradas de competencia da Comunidade Autónoma.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei de Galicia 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Tipo de procedemento: acreditación de laboratorios de ensaio para a realización do control de calidade na edificación con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 441/1990, do 6 de setembro, polo que se aproba o sistema para a acreditación de laboratorios de ensaio para o control da calidade da construcción, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: cualificacións e declaracións, provisionais e definitivas, de actuacións protexibles en materia de vivenda e solo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda.

-Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, sobre medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo do Plan 1998-2001.

-Decreto 345/1998, do 20 de novembro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, para o período 1998-2001.

Tipo de procedemento: descualificación de vivendas sometidas a algún réxime de protección.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda.

-Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial, texto refundido aprobado polos decretos 2131/1963, do 24 de xullo, e 3964/1964, do 3 de decembro.

Tipo de procedemento: adxudicación de locais de negocio para o caso de que non fosen adxudicados en poxa pública por falta de licitadores.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 125/1998, do 16 de abril, sobre normas de adxudicación de locais de negocio do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Tipo de procedemento: autorización de cambios de titularidade de vivendas de promoción pública.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda.

-Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial, texto refundido aprobado polos decretos 2131/1963, do 24 de xullo, e 3964/1964, do 3 de decembro.

Tipo de procedemento: regularización de situacións de ocupantes e cambio de réxime de vivendas de promoción pública.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 225/2000, do 13 de setembro, de regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Tipo de procedemento: creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorizacións de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios (BOE do 20 de abril).

-Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorizacións de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Industria e Comercio.

Tipo de procedemento: autorización de explotación e investigación de hidrocarburos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

-Real decreto 2362/1976, do 30 de xullo, Regulamento para a aplicación da Lei sobre investigación e explotación de hidrocarburos, do 27 de xuño de 1974.

Tipo de procedemento: autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: declaración da condición de recursos mineiros da sección B (estructuras subterráneas e xacementos non naturais) e autorización ou concesión de aproveitamento dos ditos recursos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: concesión de aproveitamento de recursos mineiros da sección C.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: outorgamento de permisos de exploración e de investigación das seccións C e D.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: autorización de agrupacións ou concentración de concesións mineiras.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: autorización de transmisión de dereitos mineiros.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: declaración de compatibilidade de explotacións mineiras.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: autorización de suspensión de traballos mineiros.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

-Real decreto 863/1985, do 2 de abril, Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

Tipo de procedemento: aprobación de proxectos de instalacións mineiras.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 863/1985, do 2 de abril, Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

Tipo de procedemento: declaración da condición de mineromedicinal ou termal das augas e recoñecemento do dereito á utilización de tal denominación. Autorización ou concesión de aproveitamento de augas mineromedicinais ou termais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

-Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: declaración das condicións de mineroindustrial, mineronatural ou de manancial das augas e recoñecemento á utilización de tales denominacións. Autorización ou concesión de aproveitamento das augas mineroindustriais, mineronaturais ou de manancial.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

-Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: outorgamento de demasías.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: concursos públicos en materia de minas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: intrusións e deslindamentos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: autorización de instalacións de producción, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas, modificada pola Lei 54/1980, do 5 de novembro.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

-Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos ou coxeración.

Tipo de procedemento: autorización de instalacións de transporte ou de almacenamento de productos petrolíferos, cando estas últimas presten servicio a operadores, así como de instalacións de venda ó público de carburantes e combustibles petrolíferos de automoción.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

-Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, Regulamento de instalacións petrolíferas.

-Real decreto 1905/1995, do 24 de novembro, Regulamento para a distribución ó retallo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ó público.

Tipo de procedemento: autorización da actividade de distribución ó retallo de productos petrolíferos e de gases licuados do petróleo (GLP) a granel.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

-Real decreto 1905/1995, do 24 de novembro, Regulamento para a distribución ó retallo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ó público.

-Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro, Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo.

Tipo de procedemento: autorización de instalacións de almacenamento, transporte e distribución de gas natural e de almacenamento e distribución de GLP, combustibles gasosos manufacturados e sintéticos e de mestura de gases e aire para subministración por canalización.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

-Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

Tipo de procedemento: autorización da actividade de transporte, distribución e comercialización de gas natural e combustibles gasosos por canalización.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

-Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

Tipo de procedemento: autorización de voaduras tipo e especiais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 863/1985, do 2 de abril, Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

-Real decreto 230/1998, do 16 de febreiro, Regulamento de explosivos.

Tipo de procedemento: autorización de maquinaria móbil mineira.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 863/1985, do 2 de abril, Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

Tipo de procedemento: establecemento de beneficios mineiros.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

-Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, Regulamento xeral para o réxime da minería.

Tipo de procedemento: carnés profesionais no ámbito mineiro.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 863/1985, do 2 de abril, Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

Tipo de procedemento: autorización ás cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia para actos de disposición sobre inmobles e celebración de operacións de crédito.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 1291/1974, do 2 de maio, Regulamento xeral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.

Tipo de procedemento: aprobación de plans eólicos estratéxicos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización administrativa das instalacións dun parque eólico.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

-Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións eléctricas.

-Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Tipo de procedemento: inscrición no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as sociedades agrarias de transformación.

-Decreto 215/1985, do 10 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación.

Tipo de procedemento: peticións e recursos formulados polos interesados no procedemento de concentración parcelaria.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Tipo de procedemento: denominacións de calidade amparadas legalmente.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois.

-Regulamento (CEE) 2081/1992, do Consello, do 14 de xullo, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos productos agrícolas e alimenticios.

-Regulamento (CEE) 2082/1992, do Consello, do 14 de xullo, relativo á certificación das características específicas dos productos agrícolas e alimenticios.

Tipo de procedemento: autorización e rexistro de establecementos e intermediarios do sector de alimentación animal.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño, sobre autorización e rexistro de establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal.

-Decreto 92/1999, do 25 de marzo, polo que se regula a autorización e rexistro de establecementos e intermediarios do sector da alimentación animal.

Tipo de procedemento: asignación de dereitos para novas plantacións de viñedo en zonas de producción con denominación de orixe.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 1472/2000, do 4 de agosto, polo que se regula o potencial de producción vitícola.

-Ordes anuais de asignación de dereitos.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Tipo de procedemento: doazón, depósito e adquisición de obras de arte.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

-Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, modificado polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo.

Tipo de procedemento: inclusión de bens no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización para a realización e dirección de actividades arqueolóxicas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

-Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización de intervencións sobre bens do patrimonio cultural.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

-Decreto 63/1992, do 19 de febreiro, polo que se reestructura a composición e funcionamento das comisións territoriais do patrimonio histórico galegas.

Tipo de procedemento: concesión de emisoras municipais e comerciais de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións.

-Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se establece o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro.

Tipo de procedemento: concesión de servicios de radiodifusión sonora e televisión dixital terreal.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei estatal 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (disposición adicional 44ª).

Tipo de procedemento: declaración de festas de Galicia de interese turístico.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de interese turístico.

Tipo de procedemento: declaración de municipio turístico galego.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de interese turístico.

Tipo de procedemento: autorizacións provisionais de establecementos turísticos de aloxamento e restauración.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 19 de xullo de 1968 pola que se dictan normas sobre clasificación dos establecementos hoteleiros.

-Orde do 17 de xaneiro de 1967 pola que se aproba a ordenación dos apartamentos, bungalows e outros aloxamentos similares de carácter turístico.

-Orde do 28 de outubro de 1968 pola que se aproba a ordenación turística das cidades de vacacións.

-Orde do 2 de xaneiro de 1995 pola que se establece a ordenación dos establecementos de turismo rural, modificada por Orde do 7 de maio de 1996.

-Decreto 236/1985, do 24 de outubro, sobre ordenación dos campamentos públicos de turismo en Galicia.

-Orde do 17 de marzo de 1965 pola que se aproba a ordenación turística de restaurantes.

-Orde do 18 de marzo de 1965 pola que se aproba a ordenación turística de cafeterías.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Tipo de procedemento: autorización de apertura e funcionamento de oficinas de farmacia (a instancia de parte).

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

-Decreto 2888/1996, do 12 de xullo, sobre competencia e procedemento para a autorización de apertura de oficinas de farmacia.

Tipo de procedemento: traslado de oficinas de farmacia (a instancia de parte).

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Tipo de procedemento: transmisións de oficinas de farmacia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Tipo de procedemento: recoñecemento de gastos ou indemnizacións por asistencia médica, asistencia farmacéutica ou doazón de órganos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Seguridade Social.

Tipo de procedemento: nomeamento de educadores-bolseiros do centro Santiago Apóstolo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 13 de xuño de 2000 pola que se convocan prazas de educadores bolseiros para o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo.

Tipo de procedemento: autorización das unidades, centros, servicios e establecementos sanitario-asistenciais de tratamento das drogodependencias.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 7 de xullo de 1988 sobre autorización de unidades, centros, servicios e establecementos sanitario-asistenciais de tratamento de drogodependencias.

Tipo de procedemento: certificado de potabilidade de auga para campamentos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 236/1985, do 24 de outubro, modificado polo Decreto 53/1989, do 9 de marzo.

Tipo de procedemento: autorización de industrias transformadoras de moluscos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan as condicións de autorización a industrias transformadoras da especie Acanthocardia tuberculatum.

Tipo de procedemento: procedementos de acreditación de centros de rehabilitación psicosocial e laboral para enfermos mentais crónicos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 23 de outubro de 1998, de regulación dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral para enfermos mentais crónicos como desenvolvemento dos dispositivos de apoio comunitario.

Tipo de procedemento: autorización e/ou acreditación de centros, servicios e establecementos sanitarios.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 147/1994, do 13 de setembro, sobre autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

Tipos de procedementos: solicitudes, reclamacións ou recursos en materia de persoal, con contido retributivo, formulados polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, que teñan repercusión no capítulo I dos estados de gastos dos orzamentos das institucións sanitarias do organismo6.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora:

-Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

-Lei estatal 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

-Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

-Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde.

-Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e dos servizos de atención primaria; modificado polo Decreto 156/2005, do 9 de xuño.

-Orde estatal do 8 de agosto de 1986 pola que se fixan as retribucións do persoal dependente do Instituto Nacional da Saúde, do Instituto Catalá da Saúde e da Rede Sanitaria da Seguridade Social de Andalucía; modificada pola Orde do 4 de decembro de 1986.

-Real decreto 1146/2006, do 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en ciencias da saúde.

-Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se publican determinados acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

-Resolución do 1 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do Acordo de concertación social sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e do persoal non sanitario do Servizo Galego de Saúde.

-Resolución do 18 de novembro de 2003 pola que se ordena a publicación do Acordo sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

-Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se publica o Acordo 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

-Decreto 155/2005, do 9 de xuño, sobre un réxime extraordinario de recoñecemento do desenvolvemento profesional do persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde previo á implantación do réxime de desenvolvemento profesional ao que se refire a Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

-Resolución do 28 de xullo de 2006 pola que se ordena a publicación do Acordo polo que se regulan o acceso extraordinario á carreira profesional do persoal diplomado sanitario e as bases de negociación do réxime definitivo da carreira profesional.

-Resolución do 25 de outubro de 2007 pola que se ordena a publicación do Acordo polo que se regula o acceso extraordinario á carreira profesional do persoal das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional con vínculo estatutario fixo nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

-Orde do 24 de maio de 2006 pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da consolidación de grao persoal para determinadas categorías de persoal estatutario fixo.

-Orde do 16 de abril de 2008 pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Tipo de procedemento: autorización para novas construccións e modernización de barcos pesqueiros.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Real decreto 1027/1989, do 28 de xullo, sobre abandeiramento, matriculación de buques e Rexistro Marítimo.

-Real decreto 789/1995, do 19 de maio, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións con finalidade estructural no sector da pesca, da acuicultura e da comercialización, a transformación e a promoción dos seus productos.

Tipo de procedemento: permiso de explotación para embarcacións.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Tipo de procedemento: permiso de explotación para marisqueo a pé.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Tipo de procedemento: traslado do permiso de explotación.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Tipo de procedemento: permiso de explotación para marisqueo a pé con embarcación auxiliar.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Tipo de procedemento: traslado do permiso de explotación por venda.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Tipo de procedemento: autorizacións de plans experimentais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia.

Tipo de procedemento: autorizacións de explotación marisqueira, extracción, traslados, sementeiras e limpeza en zonas de libre marisqueo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

Tipo de procedemento: autorizacións de explotación marisqueira, extracción, traslados, sementeiras e limpeza en zonas de autorización e concesión.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

Tipo de procedemento: concesión de permisos de inmersión de especies mariñas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

Tipo de procedemento: autorización de explotación de bancos marisqueiros en dominio público.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Tipo de procedemento: concesións-autorizacións para instalar establecementos de acuicultura na zona marítima e marítimo-terrestre.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Tipo de procedemento: concesións-autorizacións para remodelar ou ampliar establecementos de acuicultura que supoñan modificación de ocupación dominio público.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización temporal para viveiros experimentais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 17 de setembro de 1998 pola que se regula o procedemento para o outorgamento de autorizacións temporais de carácter experimental en polígonos de viveiros de cultivos mariños.

Tipo de procedemento: instalación de centros reguladores de crustáceos no dominio público.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos.

Tipo de procedemento: permiso de actividade para establecementos de acuicultura e auxiliares na zona terrestre que precisen ocupación de dominio público.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Tipo de procedemento: autorizacións para cambios de sistemas de instalacións (viveiros flotantes).

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1996, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Tipo de procedemento: autorizacións para cambios de localización de establecementos de acuicultura.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1996, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Tipo de procedemento: autorizacións para cambios de dominio de establecementos de cultivos mariños (salvo viveiros).

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1996, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Orde do 21 de xullo de 2000 pola que se regula o procedemento para a transmisión de titularidade do permiso de actividade en establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Tipo de procedemento: transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión de titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Tipo de procedemento: transmisión mortis causa. Autorización temporal de viveiros experimentais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 7 de outubro de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión mortis causa da titularidade das autorizacións temporais de carácter experimental dos polígonos de viveiros.

Tipo de procedemento: autorizacións para cambios de cultivo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1996, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización para ampliación das especies autorizadas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 6/1996, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización de plan de extraccións de semente de mexillón.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 26 de outubro de 2000 pola que se regula a extracción de especies de mexillóns en bancos naturais.

Tipo de procedemento: solicitude de título para o goberno de embarcación de lecer ou tarxeta de identidade mariña.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 22 de abril de 1998 pola que se establecen os modelos das tarxetas acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer e o procedemento para a súa obtención.

Tipo de procedemento: obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

Tipo de procedemento: obtención ou renovación de tarxetas de mergullo profesional.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: expedición do certificado de especialidade de mergullo profesional.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Tipo de procedemento: declaración de urxente ocupación en expropiacións forzosas de entidades locais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Tipo de procedemento: autorización de desafectación e alleamento de bens.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización de alteración do termo municipal.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: resolución das cuestións de deslindamentos de termos municipais que se susciten entre municipios.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: dispensa ós municipios da obriga de presta-los servicios mínimos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: constitución e disolución das entidades locais menores.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización de instalación ou apertura de casinos de xogo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia.

Tipo de procedemento: procedemento de autorización, inscrición e modificación no rexistro de empresas operadoras, fabricantes, distribuidoras e importadoras de máquinas de xogo e recreativas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Tipo de procedemento: autorización de explotación, baixas temporais de autorizacións de explotacións, autorizacións e modificacións de boletíns de instalación estando xa vixente un, tramitación de autorización de explotación por cambio de titular, autorización e substitución de máquina recreativa en establecemento, autorización de cambio de máquina en explotación, autorización de traslado de máquinas entre provincias e habilitación de titular de local e establecemento, todas elas respecto das máquinas recreativas e de azar.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Tipo de procedemento: autorización de apertura, instalación e cambio de titularidade en salóns recreativos e de xogo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Tipo de procedemento: autorización de apertura, instalación e modificacións de salas de bingo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 273/1986, do 31 de xullo, do Regulamento do xogo do bingo.

Tipo de procedemento: autorización de apertura, modificación e uso de aparellos auxiliares, no eido das salas de bingo.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 273/1986, do 31 de xullo, do Regulamento do xogo do bingo, e Decreto 523/1990, do 29 de novembro, polo que se prohíbe a instalación de caixeiros automáticos nas salas de xogo e salas de bingo e se limita a utilización de datáfonos, así como de aparellos auxiliares do xogo do bingo.

Tipo de procedemento: autorización de rifas, tómbolas e combinacións aleatorias.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia.

-Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de procedemento: procedementos relacionados coa inscrición de actos no rexistro de cooperativas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Tipo de procedemento: solicitude de adopción. Procedemento de valoración da idoneidade.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.

Tipo de procedemento: procedemento de acollemento familiar.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.

Consellería de Medio Ambiente.

Tipo de procedemento: deslindamento de montes.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

-Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

-Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Tipo de procedemento: inclusión no rexistro de espacios naturais de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Tipo de procedemento: autorización de actividades, obras, instalacións e usos permitidos na zona de servidume de protección do dominio marítimo-terrestre7.

Sentido do silencio: Negativo, por razóns de protección do medio ambiente, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, agás nos casos de solicitude de autorización de aproveitamentos de masas forestais poboadas das especies que non estean incluídas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, en cuxo caso o sentido do silencio será positivo, sempre que non consten no procedemento informes emitidos polos órganos competentes en materia de protección do litoral que sexan contrarios ao aproveitamento forestal pretendido, e sen prexuízo da obriga de reforestación eficaz de acordo co establecido na normativa básica estatal en materia de costas.

Normativa reguladora: Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Tipo de procedemento: permisos para a realización de queimas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais.

-Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de incendios forestais.

-Resolucións anuais da Consellería de Medio Ambiente sobre medidas de prevención de incendios forestais.

Tipo de procedemento: declaración de prevalencia de servidumes de utilidade pública ou interese sobre montes veciñais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

-Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

-Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

Tipo de procedemento: autorización para aproveitamento de especies de crecemento lento en montes privados.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

-Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

Tipo de procedemento: solicitudes de certificación de orixe de material forestal de reproducción.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Orde do 3 de agosto de 1994, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de comercialización de materiais forestais de reproducción.

Tipo de procedemento: autorización dos centros de acuicultura.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Tipo de procedemento: ampliación de coutos privados de caza-Tecor.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

-Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Tipo de procedemento: segregación de coutos privados de caza.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1997, do 25 de xullo, de caza de Galicia.

-Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Tipo de procedemento: autorización para instalación, ampliación, modificación substancial ou traslado de industrias ou actividades productoras de residuos perigosos e de inscrición no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

-Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización de actividades productoras, xeradoras ou importadoras de productos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos e de inscrición no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

-Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Tipo de procedemento: autorización e inscrición no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

-Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Tipo de procedemento: solicitude de autorización de construcción de instalacións de residuos urbanos ou municipais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

-Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

Tipo de procedemento: exclusión do catálogo de montes.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

-Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

Tipo de procedemento: Autorización para aproveitamento e utilización de calquera tipo de vexetación na ribeira dos ríos e nas augas.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Tipo de procedemento: Nomeamento de vixilantes xurados de pesca fluvial.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Tipo de procedemento: Autorizacións previstas no artigo 88 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos.

Tipo de procedemento: Autorización para tenza de animais silvestres autóctonos.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Tipo de procedemento: Autorización para a posesión, exhibición, compravenda, cesión, circulación, doazón ou calquera outra forma de transmisión de especies protexidas pola normativa vixente, incluídos os convenios internacionais.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

— Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

— Real decreto 439/1990, do 30 de marzo, polo que se regula o catálogo nacional de especies ameazadas.

Tipo de procedemento: Excepcións ás prohibicións xenéricas en materia de caza.

Sentido do silencio: negativo.

Normativa reguladora: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.


1 Publicada no DOG núm. 135, do 12 de xullo de 2001.

2 Ademais desta lei, en materia de normas de adecuación á regulación estatal en materia de procedemento administrativo común e de réxime xurídico do sector público contida nas vixentes Leis 39/2015, do 1 de outubro, e 40/2015, do 1 de outubro, deben terse en conta os artigos 38, 39 e 41 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG núm. 28, do 9 de febreiro de 2017), conforme os cales:

“Artigo 38. Disposicións de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia en materia sancionadora á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Un. O prazo máximo para resolver e notificar os procedementos sancionadores competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das súas entidades públicas instrumentais será de seis meses, contados desde o ditado do acordo de inicio, salvo aqueles casos nos que a normativa legal ou regulamentaria reguladora do procedemento estableza un prazo específico diferente. Esta previsión será de aplicación a todos os procedementos sancionadores iniciados a partir da entrada en vigor desta lei.

Dous. En relación cos recursos interpostos fronte a resolucións administrativas sancionadoras, presentados e non resoltos con anterioridade á entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de acordo co indicado na normativa básica, e, en particular, co disposto nos artigos 26.2 e 30.3 da citada Lei 40/2015, o prazo previsto para a prescrición da sanción comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que finalice o prazo legalmente previsto para a resolución do dito recurso, aínda que o prazo en cuestión finalizase con anterioridade á entrada en vigor das dúas leis mencionadas, e con independencia do previsto na lexislación sectorial para os procedementos sancionadores de que se trate, cando a dita lexislación sexa anterior ás citadas leis de procedemento administrativo común das administracións públicas e de réxime xurídico do sector público.

Tres. En caso de tratarse de resolucións administrativas sancionadoras e de restitución da legalidade urbanística, o acto administrativo que resolva o recurso interposto fronte ás ditas resolucións e que dispoña, se é o caso, a prescrición da sanción de acordo co establecido no punto anterior, deberá pronunciarse expresamente sobre o acto administrativo de restitución da legalidade segundo a normativa aplicable e, en particular, tendo en conta os prazos de prescrición indicados nela para a dita restitución, sen que a estes prazos lles sexa aplicable o previsto neste artigo para os prazos de prescrición da sanción.

Artigo 39. Recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores e de reposición da legalidade por infraccións reguladas na normativa en materia de costas cometidas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo–terrestre pendentes de resolución á entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Un. En consonancia coa lexislación básica estatal, nos recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores e de reposición da legalidade por infraccións reguladas na normativa en materia de costas cometidas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, o prazo previsto para a prescrición da sanción comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que finalice o prazo legalmente previsto para a resolución do recurso, aínda que o prazo en cuestión finalizase con anterioridade á entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Dous. Nos supostos sinalados no apartado anterior, nos recursos pendentes de resolución, o prazo de prescrición de quince anos, en consonancia co disposto na Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral, que modifica o artigo 95 da Lei estatal 22/1988, do 28 de xullo, de costas, en canto á reposición ou restitución da legalidade comezará a computarse desde que a Administración ditou o acto no que se acordou a obriga de restitución.

Tres. A resolución administrativa que resolva os recursos nos supostos previstos no presente artigo acordará de oficio a prescrición da sanción imposta, de ser o caso, e deberá pronunciarse expresamente sobre a prescrición da obriga de restitución da legalidade segundo o indicado no punto anterior.

Catro. Nas obras, edificios, construcións ou instalacións afectados situados dentro da servidume de protección indicada no punto anterior, e sempre que resulte compatible coa lexislación básica estatal, só poderán realizarse, logo da solicitude de autorización do órgano autonómico competente en materia de zona de servidume de protección, obras imprescindibles para a conservación e o mantemento do uso preexistente, sen que poidan incrementar o valor expropiatorio. Na resolución que declare a prescrición recollerase expresamente a suxeición ao réxime específico establecido neste artigo.

Artigo 41. Silencio administrativo en determinados procedementos en materia de persoal

Nos procedementos iniciados por solicitudes ou reclamacións en materia de persoal, con contido retributivo, formulados polos empregados públicos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que teñan repercusión no capítulo I do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma, o silencio administrativo producirá efectos desestimatorios.”

3 Redacción relativa a este procedemento do Anexo I engadida pola disposición derradeira primeira da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2008).

4 Redacción relativa a este procedemento dada pola disposición derradeira primeira da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 249, 30 de decembro de 2014).

5 Redacción dada respecto deste procedemento pola disposición derradeira primeira da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 249, 31 de decembro de 2015).

6 Redacción relativa a este procedeento dada pola disposición derradeira segunda da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 250, 30 de decembro de 2010). A STC 155/2016, do 22 de setembro (BOE núm. 263, do 31 de outubro de 2016) desestimou a cuestión de inconstitucionalidade formulada contra a dita disposición derradeira segunda.

7 Redacción relativa a este procedemento modificada pola disposición derradeira segunda da Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro de 2017).