O novo sistema para a autonomía e a atención á dependencia: reducirá as desigualdades na utilización dos servizos?
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2006
Número: Vol. 1 Núm. 3 (2006)
Resumo
A distribución social das cargas familiares na atención ás persoas adultas dependentes ten unha distribución desigual entre as clases sociais e as comunidades autónomas. A recentemente aprobada Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia pode contribuír a reducir estas desigualdades, pero hai incertezas con respecto ao alcance que poida ter neste ámbito. O artigo describe as desigualdes existentes e compara os deseños institucionais máis relevantes nos estados membros da Unión Europea para reflexionar sobre cales poden ser algúns efectos esperados da nova lexislación española.
Detalles do artigo
Palabras chave:
atención á dependencia, desigualdades sociais, estratificación social, distribución territorial de recursos, réximes de benestar.