A atribución de responsabilidades sobre as políticas públicas nun sistema de goberno multinivel
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2007
Número: Vol. 2 Núm. 1 (2007)
Resumo
Nos sistemas de goberno multinivel a distribución do poder entre os distintos niveis de goberno fai esvaecer a claridade de responsabilidades. De que maneira os cidadáns atribúen responsabilidades neste contexto? A primeira hipótese deste artigo é que, segundo as institucións autonómicas se consolidan, os individuos melloran a súa capacidade de asignar competencias entre as distintas administracións (hipótese de aprendizaxe). A segunda hipótese que contrastamos é a existencia dunha orientación política na atribución de responsabilidades. Analizamos se as orientacións políticas dos individuos teñen un efecto sobre a selección do nivel de goberno responsable dunha determinada política.
Detalles do artigo
Palabras chave:
descentralización, claridade de responsabilidades, accountability