Biotecnoloxías e cambio social: dereito á saúde ou dereito a estar sans? Enxeñería xenética, biomedicalización e elección individual

Vicenzo Pavone

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2007
Resumo

No 2003, Adele Clarke afirmou que o mundo occidental está a experimentar un fenómeno social, político e cultural cada día máis dominante definido como biomedicalización. Este fenómeno estaría trasformando o concepto de saúde nunha responsabilidade individual que se ten que realizar a través dun mellor acceso ao coñecemento, ao autocontrol e ao consumo libre e individual de produtos e servizos médicos. Máis recentemente, Alan Petersen afirmou que existe un fenómeno contemporáneo de xenetización dos conceptos de saúde, reprodución e identidade, que podería favorecer a difusión dun reducionismo xenético. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
biotecnoloxía, cambio social, políticas de saúde, biomedicalización, xenetización