Os códigos de bo goberno das administracións públicas
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2007
Número: Vol. 2 Núm. 2 (2007)
Resumo
Nos últimos anos están proliferando os chamados códigos de bo goberno das administracións públicas. Tras recordar que a finalidade de garantir un bo goberno dos asuntos públicos é desde hai xa tempo unha constante histórica, directamente vinculada ao problema da ética pública, pásaselle revista ao contido dos referidos códigos e, en especial, ao aprobado por Acordo do Consello de Ministros do 25 de febreiro de 2005. Tras iso, alértase sobre os efectos meramente propagandísticos que con frecuencia adoitan encerrar este tipo de normas, máxime cando de xeito simultáneo non se adoptan as axeitadas medidas organizativas e funcionais que por si mesmas poden impedir ou, polo menos, dificultar as malas prácticas.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Códigos de bo goberno, ética pública, membros do Goberno e altos cargos, Función Pública