A reforma dos regulamentos parlamentarios como instrumento para a rexeneración democrática
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2017
Número: Vol. 12 Núm. 1 (2017)
Resumo
Este traballo presenta a posibilidade de introducir mecanismos a través da reforma dos regulamentos parlamentarios co obxecto de dinamizar o funcionamento do Parlamento, en particular na súa función lexislativa e de control ao Goberno. Estudaranse instrumentos para reforzar a posición individual dos parlamentarios e das minorías políticas. Así mesmo, formularase como mellorar a participación cidadá nos procedementos parlamentarios.
Detalles do artigo
Palabras chave:
regulamentos parlamentarios, Parlamento, función lexislativa, control ao Goberno, rexeneración democrática.