O Tribunal Supremo e as reformas estatutarias
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2008
Número: Vol. 3 Núm. 1 (2008)
Resumo
O proceso de reforma dos estatutos de autonomía reformulou a cuestión da posición do Poder Xudicial respecto das comunidades autónomas desde varios puntos de vista: o cometido dos tribunais superiores de xustiza, a creación dos consellos de xustiza autonómicos e as competencias das comunidades autónomas en materia de medios persoais e materiais ao servizo da Administración de Xustiza. A Constitución, se ben adapta a organización territorial do Poder Xudicial á descentralización que contempla, deixa ben clara a súa unidade e a condición do Tribunal Supremo como órgano xurisdicional superior en todas as ordes salvo o disposto en materia de garantías constitucionais.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Poder Xudicial, Estado autonómico, competencia exclusiva, reserva de lei orgánica, estatuto, unidade xurisdicional, Tribunal Supremo, casación, unificación, tutela xudicial