A atención pública á poboación inmigrante. O sector da educación

Miguel Anxo Santos Rego

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2008
Resumo

O auxe da inmigración en España, e tamén en Galicia, afecta de maneira notoria ás políticas públicas e aos sectores máis conspicuos do seu desenvolvemento social. Este traballo analiza algunhas importantes repercusións da inmigración no sector da educación co propósito de axudar a entender as coordenadas dun desafío que vai alén das aulas e que afecta ao equilibrio entre equidade e calidade. Defendemos que a atención educativa á inmigración haina que conectar co coidado de prácticas interculturais nas escolas, o cal leva cambios en dimensións e variables asociadas ao tempo, espazo, poboacións específicas e proxectos curriculares.

Detalles do artigo

Palabras chave:
inmigración, políticas públicas, educación intercultural, boas prácticas