Servizo civil e gobernabilidade democrática

Joan Prats i Catalá

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2008
Resumo

Aquí preténdese indagar algunhas ideas-forza sobre como podemos avanzar na gobernabilidade democrática a través do fortalecemento institucional da función pública. Para iso, o primeiro paso consiste en investigarmos que problemas de gobernabilidade veu resolver a función pública institucionalizada no que en Occidente se coñece cada vez máis como «Sistema de Mérito». A día de hoxe, o sistema de mérito, na súa forma tradicional de función pública burocrática, atópase sometido a unha seria e en parte fundada contestación doutrinal e política. Pero se non sabemos con precisión que problemas de convivencia social resolvía o sistema burocrático de mérito, corremos o risco de introducirmos reformas intencionadamente modernizadoras pero que acaben por deteriorar efectivamente a nosa gobernabilidade e tecido institucional. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
función pública, gobernabilidade, burocracia, meritocracia, modernización administrativa