A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT): unha ferramenta para a gobernanza multinivel en proceso de revisión

Gracia Vara Arribas

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2010
Resumo

Tras catro anos de experiencias en Europa en materia de agrupacións europeas de cooperación territorial (AECT), este artigo analiza as causas da súa creación, os potenciais que encerra e os motivos dunha insuficiente proliferación destas agrupacións en todo o territorio da Unión. Estamos inmersos nun proceso de avaliación do instrumento AECT, para a súa potencial revisión no verán de 2011. Por iso, o artigo repasa os mecanismos dispoñibles para fomentar a creación de AECT a través de incentivos institucionais, abordando en concreto a idea dos contratos por obxectivos entre a Comisión e as AECT.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Agrupación europea de cooperación territorial (AECT); cooperación transfronteiriza; contractualización; cohesión territorial; fondos europeos.