A evolución da política de integración de inmigrantes en Galicia no ámbito autonómico e municipal (2005-2015)
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2020
Número: Vol. 11 Núm. 1 (2016)
Resumo
En Galicia a política autonómica de integración da poboación estranxeira créase a partir dun traballo previo de atención ás persoas emigradas e á emigración galega de retorno. Na etapa comprendida entre 2005 e 2011 prodúcese un desenvolvemento de políticas específicas a nivel autonómico e local que pode definirse como etapa de “institucionalización”. A partir do ano 2011 as prioridades políticas readáptanse debido a dous factores: a crise económica e as súas amplas consecuencias sociais, e ao menor gasto en políticas sociais.
Detalles do artigo
Palabras chave:
políticas; migracións; Administración autonómica; Galicia; integración; inmigración; crise; institucionalización; políticas específicas; política social