A transición cara a unha economía baixa en carbono: unha oportunidade para o clima e o emprego
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2016
Número: Vol. 11 Núm. 2 (2016)
Resumo
A crise no mercado laboral afectou ás perspectivas dunhas políticas ambiciosas de cambio climático. Os despedimentos masivos na industria e o acceso insuficiente ou nulo da xente nova ao mercado laboral socavan a transferencia de coñecementos e experiencia que resultan indispensables para a transición cara a unha economía hipocarbónica. Non obstante, a ampla toma de conciencia respecto ao cambio climático e outros retos están a crear novas oportunidades. As empresas europeas van integrando gradualmente estas prioridades nas súas estratexias e intentan conseguir vantaxes competitivas. Os próximos 10-15 anos poderían representar unha era de gran progreso e crecemento.
Detalles do artigo
Palabras chave:
mercado laboral; economía hipocarbónica; cambio climático, compra e/ou contratación verde; consumo e produción sustentables; desenvolvemento sustentable; ecoloxía industrial; emprego verde