O solo industrial en Galicia. Existe sobreoferta?

Julia Vázquez Sánchez
JOSÉ MARÍA TUBÍO SÁNCHEZ

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 26, 2018
Resumo

Desde hai un tempo, existe un debate en Galicia sobre a creación de polígonos industriais nos municipios. Os datos proporcionados polo Ministerio de Fomento a través do Sistema de Información de Ocupación do Solo en España (SIOSE) amosan que na comunidade autónoma existen 6.900 ha de superficie clasificadas como polígono ordenado. A metade dos polígonos teñen unha ocupación inferior ao 50 %, dando lugar a unha gran proporción de solo destinado a uso industrial que non se atopa en uso. Esta investigación analiza o estado de funcionamento, grao de execución e ocupación do solo industrial, así como as motivacións dos diferentes axentes promotores á hora de promover solo industrial. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Solo industrial baleiro, planificación, oferta e demanda, subministración de solo industrial, Galicia.
Artigos máis leídos do mesmo autor/a