Combatendo a insoportable levidade da reforma local
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2018
Número: Vol. 13 Núm. 2 (2018)
Resumo
Este artigo resume as propostas máis innovadoras da recente Comisión de Expertos para a revisión do sistema de financiamento local. Partindo da constatación das principais contradicións que se manifestan no mundo local, abórdanse asuntos como a reordenación da planta local e o papel das institucións supramunicipais, a reforma tributaria, con especial fincapé na solución ao problema causado pola declaración de inconstitucionalidade do coñecido como imposto de plusvalía, e a reformulación do modelo de transferencias para convertelo nun verdadeiro sistema de nivelación.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Facenda local, comisión de expertos, transferencias intergobernamentais, impostos locais