Diferenzas rexionais en gasto sanitario: unha análise de converxencia
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2018
Número: Vol. 13 Núm. 2 (2018)
Resumo
Neste traballo analizamos o gasto sanitario nas distintas comunidades autónomas españolas a través do estudo de converxencia durante un período de doce anos (2007-2018). En concreto, examinamos ese gasto desde dous puntos de vista: a porcentaxe que representa sobre o PIB rexional e en termos per cápita. Neste sentido, levamos a cabo esta análise a través de dous tipos de converxencia: σ e β. Os resultados empíricos obtidos indican a existencia de ambos os dous tipos de converxencia. Por conseguinte, pode afirmarse que as comunidades autónomas converxen cara a un mesmo estado estacionario en canto ás dúas vertentes de gasto sanitario consideradas.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Gasto sanitario, financiamento, descentralización, σ converxencia, β converxencia.
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Natividad Fernández Gómez, David Cantarero Prieto, Ana Carrera Poncela, Suficiencia e nivelación no novo financiamento autonómico proposto polo Ministerio de Facenda: Recursos dispoñibles ou necesidades reais? , Revista A&C: Vol. 17 Núm. 2 (2022): .