A valoración de documentos nas organizacións. O Consello de Avaliación Documental de Galicia
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2018
Número: Vol. 13 Núm. 2 (2018)
Resumo
A valoración documental, unha das funcións que entraña maior responsabilidade para os arquiveiros, é unha tarefa fundamental no seo de calquera organización para conseguir unha maior eficiencia e eficacia na súa xestión documental, partindo da premisa da imposibilidade de gardar a totalidade dos múltiples documentos que producen, tanto en formato papel como electrónico. Para realizar esta valoración, é necesaria unha metodoloxía e un órgano encargado de levala a cabo. Ademais de formular o marco teórico en que desenvolver esta función arquivística, este traballo tamén aborda o caso da Administración autonómica de Galicia.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Valoración, arquivos, documentos, Consello de Avaliación Documental de Galicia.