O discurso político nas eleccións ao parlamento de Galicia 2009
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 29, 2013
Número: Vol. 8 Núm. 1 (2013)
Resumo
No presente artigo lévase a cabo unha análise do contido da campaña electoral que antecedeu ás eleccións ao Parlamento de Galicia celebradas o 1 de marzo de 2009. Tomamos en consideración as estratexias de campaña dos tres principais grupos políticos que concorreron a aquelas eleccións, Partido Popular de Galicia (PPdeG), Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obreiro Español (PSdeGPSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG). Conclúese que a campaña do PP superou ao resto por facer un mellor uso da herestética, ao conseguir que a súa axenda primase sobre a das outras dúas opcións políticas
Detalles do artigo
Palabras chave:
Campaña electoral, herestética, Galicia, establecemento da axenda, eleccións ao Parlamento de Galicia 2009.