Nacemento e evolución do ferrocarril e o seu réxime xurídico en España

Rubén Miranda Gonçalves

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 29, 2013
Resumo

A obra do profesor Bustillo Bolado, un profesional no ámbito xurídico tanto como docente como especialista en Dereito Administrativo, preséntanos o estudo detallado e minucioso sobre o nacemento e a evolución do ferrocarril e o seu réxime xurídico en España. A mesma estrutúrase en sete capítulos máis sete apéndices documentais onde se tratan aspectos de relevancia para o lector. Así as cousas, no primeiro capítulo preséntasenos unha introdución na cal se nos amosa a importancia do nacemento e evolución do transporte de mecadorías, sobre todo desde que aparece a máquina de vapor.

Detalles do artigo

Palabras chave:
ferrocarril, bustillo bolado, dereito administrativo, nacemento, evolucion