Equipamentos públicos como elementos de cohesión territorial. Un estudio de caso nas Universidades e Redes Hospitalarias de Galicia

Cristina García Fontán

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 29, 2013
Resumo

No contexto actual de crise económica e urbana, a reflexión sobre a inversión estratéxica nos equipamentos urbanos é cada vez máis necesaria. Despois de anos de importantes inversións públicas en infraestruturas e equipamentos, e a ausencia dunha planificación territorial cohesionada dos mesmos, proponse facer unha análise do estado da cuestión coa intención de aportar posibilidades para unha mellor sustentatibilidade territorial. Os equipamentos que analizamos son as Universidades e os Hospitais. Estes equipamentos crean redes, sistemas, nodos e o seu papel na cohesión territorial, económica e social é esencial. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
equipamentos públicos, cohesión territorial, Universidades, Redes Hospitalarias