Avaliación e seguimento da planificación e da programación: o caso do Plan galego de estatística 2007-2011 e dos seus programas
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 29, 2013
Número: Vol. 8 Núm. 2 (2013)
Resumo
Descríbense os indicadores definidos e calculados para avaliar os instrumentos de planificación e ordenación empregados no Sistema Estatístico Galego: o plan e os seus programas anuais. Para avalialos, empregáronse indicadores que reflicten cunha medida numérica a execución dunhas actividades (no programa) ou consecución duns obxectivos (no plan). Nos programas calcúlanse graos de execución, porcentaxe de cumprimento do calendario e cobertura de proxecto técnico para medir non só a realización, senón tamén a súa puntualidade e a súa corrección técnica. Para cuantificar a consecución dos obxectivos do plan establecéronse outros indicadores, entre eles os de satisfacción das metas ou de aproveitamento das fontes.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Planificación, programación, indicadores, seguimento, avaliación