Plan estratéxico para un Concello mediano-tipo en Galicia

María Baleato González
María Chao Carballeira
Pablo Martín Fernández Castro
Juan Marquina Fuentes

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 30, 2014
Resumo

Galicia conta con 315 concellos, dos cales, 102 teñen un intervalo de poboación de 2.001 a 5.000 habitantes, o que amosa o peso específico que estes organismos teñen no conxunto da comunidade autónoma, e permite formular o reto de que a súa correcta estruturación e xestión repercutirán positivamente no conxunto de Galicia. Esta será pois, a misión deste traballo, concretar unha proposta de mellora deste concello prototípico, plasmada nun plan estratéxico e de dirección, co obxecto de optimizar os recursos e mantendo un nivel óptimo de eficiencia e eficacia dos servizos prestados.  

Detalles do artigo

Palabras chave:
planificación estratéxica, concello mediano-tipo.