O grupo do código de conduta sobre fiscalidade das empresas, un mecanismo de soft law ao servizo da Unión Europea

José Miguel Martín Rodríguez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 30, 2015
Resumo

A finais dos 90, creceu na Unión Europea a preocupación polos efectos da competencia fiscal prexudicial. O principal resultado foi a aprobación do Código de conduta sobre fiscalidade das empresas (1997). O obxectivo orixinal do código era eliminar as medidas de competencia fiscal prexudicial vixentes nos Estados membros. O éxito no desmantelamento destas primeiras medidas sinaladas no coñecido como “Informe Primarolo” levou o Grupo do Código a reformular en 2006 cal debería ser o seu papel no futuro.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Código de conduta, competencia fiscal, híbridos, patent box, rulings.
Artigos máis leídos do mesmo autor/a