Exclusión por corrupción e fraude na contratación pública: diferenzas e convergencia

Carlos Aymerich Cano
https://orcid.org/0000-0001-5812-1460
Resumo

O traballo examina a tendencia cara a converxencia dos diferentes sistemas de exclusión por fraude e corrupción na contratación pública, analizando a regulación europea, española e estadounidense. A pesar das diferenzas subsistentes, en todos eles son detectábeis trazos comúns como a negación da natureza sancionadora das exclusións, a afirmación do seu carácter preventivo (fundado nun pronóstico sobre a fiabilidade do licitador ou candidato) e a crecente discricionariedade ligada á aplicación de fórmulas de compliance.

Detalles do artigo

Palabras chave
Contratación pública, Exclusións e prohibicións para contratar, Fraude, Corrupción