O Senado no permanente punto de mira e a súa posible reforma

Vicente A. Sanjurjo Rivo

Contido principal do artigo

Publicada: Xuñ 12, 2020
Resumo

O cuestionamento do Senado foi unha constante desde a aprobación da Constitución de 1978. Moi axiña se fixo patente a enorme distancia entre o desiderátum constitucional de que a Cámara Alta fose unha cámara de representación territorial e a súa definitiva configuración na Constitución. Esa distancia foise facendo aínda máis evidente a medida que avanzaba e se consolidaba o Estado autonómico. A causa última desa incongruencia haberá que buscala na ausencia dunha auténtica decisión constituínte sobre o modelo territorial do Estado. Por iso, frecuentemente formulouse a necesidade de acometer unha reforma constitucional co obxecto de converter o Senado nunha auténtica cámara de representación territorial.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Senado, segundas cámaras, representación política, representación territorial, Estado de partidos, reforma constitucional