A reforma do Imposto Municipal de Plusvalías: cuestións de coordinación

Francisco Pedraja Chaparro

Contido principal do artigo

Publicada: Xuñ 12, 2020
Resumo

O artigo céntrase en cuestións de coordinación entre o Imposto Municipal de Plusvalías e os impostos persoais que gravan esas ganancias de capital. A principal conclusión é que a proposta de reforma da Comisión de Expertos de 2017, en termos de coordinación, é a mesma que existe na actual lexislación e non permite eliminar a dobre imposición que se produce. Para conseguir ese obxectivo, é necesaria ademais unha dedución en cota no imposto persoal dunha parte do imposto municipal. O traballo finaliza con posibles extensións derivadas da complexidade do mecanismo de coordinación no caso do IRPF, da consideración do tipo de transmisión (onerosa ou gratuíta).

Detalles do artigo

Palabras chave:
Financiamento local, Imposto Municipal de Plusvalías, coordinación impositiva e dobre imposición