Vella e nova colaboración público-privada na execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Marcos Fernando Pablo
https://orcid.org/0000-0003-4985-1060
Resumo

O artigo describe a longa traxectoria xurídica do tópico “colaboración público-privada” e dá conta de como a inicial reconstrución de comezos de século daquela categoría (necesidades financeiras do sector público) foi superada por novas circunstancias nas que o poder público solicita a participación privada non só para executar o maior paquete de medidas de estímulo que coñeceu a Unión Europea, senón tamén para afrontar os retos da soberanía e independencia estratéxica da Unión, aínda que este aspecto non parece que fose tomado en conta polo Plan Español de Recuperación e Resiliencia, que segue aferrado a fórmulas (PERTE, subvencións, consorcios, sociedades mixtas) xa afastadas das novas alianzas estratéxicas público-privadas que deseña o dereito europeo.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Colaboración público-privada, concesión, PERTE, subvención, alianza estratéxica