Protocolos de interoperabilidade
A revista A&C incorpora protocolos de interoperabilidade que lle permiten ser colleitada por outros sistemas de distribución. Desta maneira, inclúe metaetiquetas Dublin Core, tanto na páxina de inicio da revista como nos artigos.
O sistema de interoperabilidade que se utiliza é o OAI- PMH (Open Arquives Initiative – Protocol for Metadata Harvesting) que é un protocolo utilizado para a transmisión de metadatos na internet.
Pódese consultar o protocolo de interoperabilidade en: https://egap.xunta.gal/revistas/AC/oai