Análise das modificacións obxectivas no contrato de concesión na LCSP á luz da Directiva 2014/23/ UE de concesións

Ignacio Calatayud Prats

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2018
Resumo

A Directiva de concesións regulou de forma clara e incondicionada a modificación das concesións tendo como obxectivo introducir unha importante flexibilidade á hora de permitir a modificación destas. A LCSP, non obstante, ao regular as modificacións non só modula e matiza os conceptos comunitarios, senón que, ademais, é moito máis restritiva que a directiva á hora de permitir as modificacións obxectivas das concesións, o cal non só é un incumprimento do dereito comunitario, senón que, ademais, o dito carácter restritivo vai traer consecuencias prexudiciais para o interese público.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Concesión de obra, concesión de servizo, modificación, circunstancia imprevisible, Directiva de concesións, incorrecta transposición.