A situación do sector das renovables en Galicia tras a reforma eléctrica

José Antonio Blanco Moa

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2018
Resumo

Recentemente, a nivel estatal levouse a cabo unha fonda reforma lexislativa do sector eléctrico que reduciu de xeito considerable o apoio ao sector das enerxías renovables, un sector que ten unha grande importancia en Galicia. Por mor diso, os produtores de enerxías renovables realizaron reclamacións contra o Estado español polos danos causados por este cambio lexislativo.


As reclamacións efectuáronse ante tribunais nacionais e internacionais. Os primeiros están a rexeitar estas reclama- cións baseándose no concepto de risco regulatorio. Mentres, en canto aos segundos, o CIADI resolveu recentemente a primeira controversia ao respecto, decidindo a favor dos investidores.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Enerxía renovable, reforma eléctrica, Galicia, poxas eléctricas.