Entes instrumentais e dereito comunitario da contratación pública: o concepto de "organismo de dereito público"
Contido principal do artigo
Xurisprudencia do TXCE sobre contratación pública, son raros os pronunciamentos relativos ó ámbito subxectivo de aplicación das normas comunitarias na materia, en vivo contraste coa profusión de decisións relativas a outros aspectos tales como a eficacia directa das directivas e a cumprida interpretación das obrigas que estas lles impoñen ós poderes adxudicadores. A irmpción destes temas manifesta a entrada nunha nova fase dentro da evolución do dereito comunitario da contratación pública. Quérese dicir que en tódolos estados membros se deron importantes avances no proceso de transposición das directivas comunitarias e compételle agora ó tribunal, nesta nova xeira que se abre, resolve-los problemas interpretativos que levanta a aplicación práctica desta normativa.