A sostibilidade como principio reitor da ordenación territorial en Galicia. As Directrices de ordenación do territorio e o Plan de Ordenación do Litoral

Manuel Borobio Sanchiz
Miriam García García
Melania Payán Pérez
Francisco Castillo Rodríguez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2012
Resumo

No presente artigo descríbense os instrumentos de ordenación do territorio dos que se dotou Galicia recentemente. As Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), marco de referencia das actuacións na materia, así como o primeiro plan territorial subrexional, o plan de ordenación do litoral (POL). O fío condutor da análise de tales documentos é a sostibilidade. Unha ollada nova ao territorio, desde a comprensión do existente, do legado patrimonial que herdamos e baixo a idea de que xestionamos un recurso escaso e dificilmente renovable. Á luz destes principios a ordenación territorial debe afrontar o reto de recoñecer e interpretar unha realidade complexa que opera nun ámbito continuo e cuxa evolución resulta difícil de predicir. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
xestión, paisaxe, metabolismo urbano.