O papel das infraestruturas viarias No marco da ordenación territorial de Galicia

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2012
Resumo

En Galicia as infraestruturas de transporte son un elemento clave para a competitividade da economía e estratéxico para a configuración dun modelo territorial equilibrado, tanto na súa articulación territorial interna como na definición das súas conexións exteriores. Superar definitivamente as limitacións que supón para Galicia a súa posición como ámbito periférico esixe planificar, proxectar, impulsar e executar un potente sistema de comunicacións baseado en estratexias de mobilidade sostible.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Galicia, infraestruturas, planificar, mobilidade, sostible, competitividade, articulación territorial.