A suspensión do outorgamento de licencias derivada da aprobación inicial do plano: A xurisprudencia do Tribunal Supremo

Ana María Blanco Nespereira

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 20, 1994
Resumo

A suspensión do outorgamento de licencias é unha medida preventiva prevista coa finalidade de salvagarda- lo futuro plan no que este modifique o réxime urbanístico vixente. Así, esta medida comporta unha importante limitación no exercicio das facultades dominicais; de aí que as normas que regulan esta figura deban interpretarse restrictivamente. O que di o Tribunal Supremo é que a razón de ser da suspensión do outorgamento de licencias é axeita-la actividade urbanística actuante ó proceso de formación planificador, evitando contradiccións insalvables nos períodos de transición da normativa planificadora.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Tribunal Supremo, licencia, xurisprudencia, suspensión, ámbito, impugnación, indemnización