As ordes de execución no Dereito urbanístico galego

Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 23, 2013
Resumo

As ordes de execución son actos administrativos que vai emitir unha Administración Pública para a consecución dun obxectivo, e farao no exercicio dunha potestade administrativa: a potestade de policía. Ante un incumprimento dos deberes que se encadran dentro do dereito de propiedade, a Administración poderá ditar ordes de execución para lograr o seu cumprimento. Ao longo do traballo vaise realizar unha análise sobre o concepto e o fundamento normativo das ordes de execución, as súas clases e os seus límites. Como acto administrativo que emana dunha Administración farao como resultado da tramitación dun procedemento no que se respecten os principios e as garantías do procedemento administrativo común. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Dereito de propiedade, deber de conservación, orde de execución, dereito urbanístico galego, potestade de policía.