O exercicio de actividades económicas polos entes locais
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 20, 1994
Número: Vol. 1 Núm. 07 (1994)
Resumo
Para situar a problemática actual da intervención dos Entes locais no campo das actividades económicas, seguen tendo plena actualidade tres interrogantes: son propias do Municipio tareas intervencionistas, industriais e técnicas que a xestión do servizo esixe?, este está como tal capacitado para lanzarse á explotación industrial ou simplemente para prestar eficazmente o servizo público coas súas esixencias técnicas e administrativas? e pode o municipio prever e regular o efecto da súa intervención na economía xeral? a crise económica puxo de manifesto novas formas de intervención económica dos Municipios, xunto ao proceso de privatizacións que, tamén se proclaman para o mundo local.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Regulación, réxime local, actividades, principios