O reparto de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas: a súa problemática en xeral

Francisco Fernández Segado

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 20, 1994
Resumo

O reparto de competencias é, sen ningún xénero de dúbidas, a cuestión máis complexa de cantas debeu resolver o noso constituínte en relación co modelo de Estado autonómico. Se á propia complexidade do sistema se engaden os mutuos recelos existentes entre os órganos centrais e os autonómicos, compréndese perfectamente a constante apelación á arbitraxe do Tribunal Constitucional por parte duns e doutros, circunstancia que se traduciu nunha copiosísima xurisprudencia dificilmente sistematizable.

Detalles do artigo

Palabras chave:
estado, comunidades autónomas, competencias, constitución, principios, tribunal, estatuto