Seminario internacional sobre a reforma administrativa

Ignacio López-Chaves y Castro

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 31, 1995
Resumo

Desde Platón e Aristóteles, os teóricos do Estado buscaron un modelo que poida logra-la máxima xustiza nun mundo de homes reais e de grupos de intereses que, en moitas ocasións, dificultan a posibilidade de execución desa tarefa de xustiza como " constant et perpetua voluntas ius suum cuique tribuendi" (Digesto 1: 1, 10 pr.) 1. A Administración como "conjunto de medios personales y materiales de que se vale el Estado para hacer efectivo el interés general"2, non pode permanecer indiferente ante a necesidade de adaptarse continuamente para lograr unha maior xustiza en tódalas súas actuacións, xustiza que esixirá adaptarse continuamente ós cambios que, en tódalas súas dimensións, experimenta a vida social.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Platón, Aristóteles, reforma administrativa