Territorio e identidade

José Luís Meilán Gil

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 31, 1995
Resumo

A circunstancia que hoxe nos reúne neste fogar intelectual evidencia unha gozosa realidade. Ás veces, o río da vida non avanza cara ó seu inexorable destino, senón que retrocede formando meandros que rodean as biografías humanas, trazando en torno a elas "a súa curva de ballesta". O autor do libro, Pablo González Mariñas -e algúns amigos máis- saben qué quero dicir con esa metáfora tomada como préstamo da poesía manriqueña e de Machado. A circunstancia de hoxe é un encontro do presentador do libro co seu autor e co tema, despois dunha serie de peripecias vitais que, ó xeito dos ríos, discorreron por diferentes paisaxes.

Detalles do artigo

Palabras chave:
territorio