O caso da burocracia
Contido principal do artigo
							Publicada: Mar 20, 1996
						
																		
						Número: Vol. 1 Núm. 12 (1996)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						A burocracia, entendida aquí como representación xenérica das organizacións que integran o sector público, foi tradicionalmente desprezada, escarnecida, aldraxada, insultada, reprobada e culpada de tódolos males que afectan ó bo discorrer da gobernación. Sen saír dos muros da academia podemos atopar moitos exemplos disto. Fiorina e Nolí fálannos de sinistras conspiracións entre burócratas e parlamentarios para incrementaren o gasto público; José I\V Antequera, no século XIX, berra contra a burocracia acusándoa de ser unha terrible carga para a poboación e un verdadeiro saqueo da economía nacional; Von Mises acúsaa de copia-los métodos totalitarios de Hitler e Stalin.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	burocracia, 																	representación xenérica, 																	Fiorina, 																	Noli, 																	burócrata, 																	parlamentarios, 																	gasto público, 																	economía nacional, 																	Hitler, 																	Stalin															
						 
						