Prácticas anticompetitivas e contratación pública: a visión dunha autoridade de competencia

Jose Antonio Rodríguez Miguez
Resumo

A importancia que adquiriu a contratación pública veu unida á súa maior complexidade técnica e á súa vinculación á libre competencia, que son dúas das características máis evidentes da súa actual regulación, polo que, aínda que se trate de ámbitos normativos claramente diferenciados, están intimamente entrelazados entre si, como proba o feito de que un importante número de casos que resolven as autoridades de competencia se susciten en expedientes de contratación pública.


Este traballo pretende achegar ambas as dúas normativas ofrecéndolles tanto aos técnicos que se ocupan da contratación pública como aos potenciais licitadores a visión singular e igualmente especializada da normativa de competencia para facilitar unha aplicación coherente e harmonizada das dúas disciplinas xurídicas.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Prácticas anticompetitivas, contratación pública, colusión, restrición da competencia, colusión na contratación pública, abuso de posición dominante, competencia desleal