«En canto sexa adecuado á natureza da súa condición»: a converxencia de réxime xurídico entre funcionarios de carreira e funcionarios interinos

Jesús Fuentetaja Pastor
Resumo

O réxime xurídico dos funcionarios interinos viuse decisivamente afectado polo dereito europeo, en particular pola Directiva 1999/70 de traballo de duración determinada. Ao prohibir a discriminación nas condicións de traballo de traballadores temporais respecto aos traballadores indefinidos, os funcionarios interinos viron recoñecidos dereitos económicos e de carreira profesional que tradicionalmente lles eran negados. O Estatuto básico do empregado público define o réxime xurídico dos funcionarios interinos por remisión ao dos funcionarios de carreira “en canto sexa adecuado á natureza da súa condición”, expresión cuxo alcance cobra un novo sentido, tanto respecto ao seu contido como á súa interpretación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Funcionario interino;, funcionario de carreira;, dereitos;, carreira;, Directiva 1999/70;, estatuto básico;, empregado público;