A crecente influencia da protección da paisaxe como garantía dun urbanismo ambiental. Repercusións prácticas na Comunidade Autónoma de Galicia

Carlos Pérez González

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2016
Resumo

Este traballo trata de pór de manifesto a crecente relevancia do principio de integración paisaxística no marco do novo paradigma identificado como “urbanismo ambiental”, tras a ratificación en España do Convenio Europeo da Paisaxe no ano 2007 e a aprobación en Galicia da Lei 7/2008, do 7 de xullo, da paisaxe. Analiza as últimas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas no ano 2015, en que se tiveron en conta as “normas de aplicación directa” como parámetro de legalidade dos actos urbanísticos. Suxire propostas normativas que harmonicen a imaxe do litoral co fin de garantir unha maior seguridade xurídica.

Detalles do artigo

Palabras chave:
paixase, litoral, normas de aplicación directa, pantallas de edificación, seguridade xurídica, boa relación