A nova regulación xurídica do fenómeno metropolitano europeo en Italia

Elisabetta Tatí

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 21, 2016
Resumo

Este artigo afronta o tema da reforma dos entes locais no ordenamento xurídico italiano con especial atención ás cidades metropolitanas. En primeiro lugar, trata de abordar as claves do fenómeno metropolitano en Europa e os intentos por parte de Italia de adaptarse aos retos urbanos da Europa 2020. En segundo lugar, analízase o peculiar enfoque adoptado por Italia nas reformas, que combina unha intervención institucional cun proxecto máis amplo de modificación da Constitución. Por último, afróntanse brevemente algúns aspectos da Lei Delrio, como a definición de Cidade metropolitana, as funcións, a delimitación territorial e a forma de Goberno. 

Detalles do artigo

Palabras chave:
cidade metropolitana, entes locais, Italia reformas, desenvolvemento urbano, Europa.