A REGAP incorpora protocolos de interoperabilidade que lle permiten ser colleitada por outros sistemas de distribución. Desta maneira, inclúe metaetiquetas Dublin Core, tanto na páxina de inicio da revista como nos artigos.

 

O sistema de interoperabilidade que se utiliza é o OAI- PMH (Open Arquives Initiative – Protocol for Metadata Harvesting) que é un protocolo utilizado para a transmisión de metadatos na internet.

 

Pódese consultar o protocolo de interoperabilidade en: https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP/oai