Lei 1/1982, do 24 de xuño, de fixación da sede das institucións autonómicas de Galicia

Lei 1/1982, do 24 de xuño, de fixación da sede das institucións autonómicas de Galicia1

O artigo 8.º do Estatuto de Autonomía para Galicia determina que «unha lei de Galicia, para a aprobación da cal se requerirá o voto favorábel das dúas terceiras partes dos membros do seu Parlamento, fixará a sé das institucións autonómicas».

En cumprimento do disposto no devandito precepto, o Parlamento de Galicia co quorum requerido aprobou e eu dou en promulgar, en nome de El-Rei, a seguinte Lei:

Artigo 1

Desígnase a Santiago de Compostela como sé do Parlamento, da Xunta, do seu Presidente e das Consellerías.

Artigo 2

O Tribunal Superior de Xusticia terá a súa sé na cidade da Coruña.

Dado en Santiago de Compostela a 24 de xuño de 1982

Gerardo Fernández Albor
Presidente


1 Publicada no DOG núm. 12, do 24 de xullo de 1982.