O Valedor do Pobo: consideracións xerais sobre a institución

José Agustín González-Ares Fernández

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2010
Resumo

O artigo 14 do Estatuto de autonomía de Galicia incorporou ao ordenamento da Comunidade a institución do Ombudsman. Este artigo dispón que corresponde á comunidade autónoma galega a creación e organización, mediante lei do seu Parlamento, dun “órgano similar” ao Defensor del Pueblo. A previsión estatutaria foi desenvolvida pola Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo. A función primordial desta figura é a defensa, no ámbito territorial da comunidade galega, dos dereitos comprendidos no título I da Constitución e velar pola tutela dos dereitos individuais e colectivos emanados do título preliminar do Estatuto de autonomía.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Valedor do Pobo, Ombudsman autonómico, Defensor del Pueblo, comisionado parlamentario galego.