Comunidades virtuais de aprendizaxe: un mecanismo para a xestión do coñecemento na Administración pública galega
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2012
Número: Vol. 7 Núm. 1 (2012)
Resumo
A Administración pública galega amosa, a través do seu histórico proceso de reforma e modernización, unha dinámica de adaptación ao contorno que demostrou ser capaz de introducir os cambios precisos sen comprometer a súa estabilidade institucional. A eficaz xestión desta capacidade resulta vital para garantir o cumprimento do mandato estatutario de autogoberno en contextos de crise política e cambio tecnolóxico como o actual. O artigo explora este fenómeno desde unha perspectiva neoinstitucionalista, aplicando as nocións desenvoltas pola teoría do coñecemento e a aprendizaxe organizacionais.
Detalles do artigo
Palabras chave:
coñecemento organizacional, aprendizaxe organizacional, comunidades virtuais, comunidades de práctica, Administración pública.