Os Senados e a fantasía da representación territorial

Roberto Blanco Valdés

Contido principal do artigo

Publicada: Xuñ 11, 2020
Resumo

Tras analizar as dúas formas históricas baixo as que aparece o Senado (o británico e o norteamericano), o traballo estuda a natureza dos senados federais existentes en Europa e en América. Sobre a base dese estudo, o traballo trata de responder a pregunta de se a representación que articulan eses senadores federais ten ou non natureza territorial. Analiza despois cales son os criterios que permiten afirmar que estamos en presenza dunha verdadeira representación territorial. E todo iso pensando na idea de converter o Senado español no que se chamou unha “auténtica cámara de representación territorial”, un verdadeiro mito en realidade.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Senado, representación territorial, representación política, España, Gran Bretaña, Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Constitución, Estado