O papel das entidades locais na reactivación da economía
Contido principal do artigo
Publicada: Set 23, 2021
Páxinas: 139-152
Número: Vol. 16 Núm. 1 (2021)
Resumo
A crise COVID-19 produciu un impacto sobre a economía e o emprego sen precedentes. A reactivación requirirá mobilizar recursos públicos derivados do instrumento europeo de recuperación, para o cal se aprobou o Real decreto-lei 36/2020, así como medidas paralelas no ámbito autonómico. O Plan para o noso país, presentado polo Goberno de España á Comisión Europea a finais de abril, debería ter máis en conta os proxectos e iniciativas das entidades locais, pola súa proximidade aos problemas, o seu coñecemento das necesidades e a súa capacidade de intervención máis áxil e inmediata.
Detalles do artigo
Palabras chave:
crise COVID-19, gobernos locais, recuperación económica, instrumento europeo de recuperación (fondos de nova xeración)